sábado, 5 de julio de 2008

Canseira

Hoxe pódeme o cansazo e lembrei que algún día, fai un tempo, sentín algo semellante e escribín este poema:


RENUNCIA


Hei deixar que medren as silveiras
na leira erma da miña vida
porque é inútil seguir traballando
esa terra esgotada que nada dá
máis que traballo.

Polo menos así
dará o froito mouro
das amoras
en setembro.

Hei deixar que a vida fuxa
sen facer nada máis por atallala,
e debullarei amenceres de soidade,
porque non hai compaña
que acariñe a fondura da tristeza.

Polo menos así
dará o froito frío
das xeadas
en xaneiro.

Hei deixar que o vento corra entre os toxos
sen agocharme máis del,
non hai que perder,
onde nada hai.
Nada teño, nada quero xa !

Polo menos así
dará o froito último
do seu zoar rebuldeiro
na mañá de Marzo.

7 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Pois se cando estás cansa escribes cousas así...cando andas alporizadamente vital debullarás páxinas memorables!!

Arriiiiiiba, que estás de vacacións, capulla! E logho que faremos os que (ainda) non as temos?

Chuchos enerxéticos (tipo tauritón)

Mararía dijo...

Un poema moi bonito!! As veces un está cansado de loitar, pero a vida non da un respiro, aínda que te canses o día seguinte hai que seguir loitando.

d´Agolada dijo...

Bonito poema, moi chulo. Saúdos

Paz Zeltia dijo...

ay ese poema ó abandono. á rendición na loita.
Menos mal que a vida que pule retoña cada mañán.

Unha apertiña

(gustoume moito o poema, eh)

Cuspedepita dijo...

Chousa: Graciñas. Chuchos deses levantanlle o ánimo ata aos mortos ;-)
E non te queixes tanto que as túas vacacións estarán a caer e as miñas nin son vacacións nin son nada...polo de agora!

Silvana: Tes razón, é o "dereito ao pataleo" nada máis.

David: Saudiños para ti tamén.

Zeltia: O poema expresa máis que nada un desexo, o de deixarse levar pola vida sen nadar contracorrente. Aceptación creo que sería mellor titulo. Ás veces síntome agotada, si, pero por sorte son ave fénix.

Anónimo dijo...

espero que estes asi de inspirada moitas veces, .......aunque non ten porque ser cando estes cansadao ou triste.....
E cando asi sexa:
Pensa en mi...
En cando teñas ganas de chorar porque a vida é inxusta e moi jodida...
Pensa en mi
E cando sintas que nada e real, que nada vales, ou nada tes...
PEnsa en mi
E cando ninguen escoite o teu silencio
Chamame....porque eu sempre estaré ahi ao outro lado do fio estreito da vida en mi bemol, para escoitar o que te ocurre, porque eres coma min.
Lume de biqueira, folla de carballo, auga de fonte seca, tronera e raio. Vento nas ondas do mar salgado,forte como pedra e ferro e unha bagoa timida no abrazo dos enamorados.....
E sempre estarei disposto para ler o que escribas, para cantar cos teus fados, para soñar cos teus sonas, para volar o teu lado..

un bico forte

Cuspedepita dijo...

Ángel, moitas grazas amigo. Sabes que o agarimo é recíproco así que conta ti tamén comigo :-)))
Moi fermosas as túas palabras, coma sempre.