martes, 8 de julio de 2008

Un galego

De Cuspe de pita



Viches a luz no verán boreal
A casa de pedra, a lareira,
as cortes, o hórreo e as hortas
foron a túa paisaxe primixenia.


A igrexa e o campo santo,
os animais e os montes,
o coidado da terra e poucos cartos
foron a túa realidade cotiá.


Neno sen xoguetes,
un mestre de aldea achegouche as letras
e os primeiros cálculos.


Manuel, o irmán maior emigrado ao Uruguai
falouche doutro mundo alén do mar.
Un traballo, cartos,
a posibilidade de progresar
e ter un negocio.


Atopaches unha chave
para saír da miseria da aldea
das limitacións da vida no medio rural:
pouca terra, poucos animais
e moitas bocas para alimentar.


Concebiches outra posibilidade
-namentres ollabas o traxe e a gravata de Manuel-
Quizás tiñas que facer unha longa viaxe
para romper coa pobreza,
para saír do horizonte sen futuro
que xa intuíra a túa avoa Xoana
antes que ti chegaras ao mundo...
a túa forza e o teu sentido do humor
foron as túas armas.
fuches ao porto coa túa lixeira maleta
e colliches o barco que viña de Alemaña
cara á América dos soños e das posibilidades.
Chorou o teu pai.




De Cuspe de pita



Comezaches unha nova vida.
Axiña aprendiches as regras de xogo
da gran cidade.
Atopaches unha asturiana
e fixeches xunto a ela o teu propio fogar


A túa vida foi o traballo e a familia.
Mozo de limpeza nos fogares acomodados
de Bos Aires primeiro,
despois o almacén e por último o garaxe.


Un fillo, dous netos, cinco bisnetos,
A semente que deixaches
moi lonxe de Galicia,
corazóns que latexan e non esquecen
a túa vida de proveito.
Juan Antonio Rey Vara:
A un século do teu nacemento.


9 de xullo de 1908. San Xián de Torea (Muros)
31 de decembro de 1988. Bos Aires.


Antonio José Francisco Rey

17 comentarios:

paideleo dijo...

Este é un bó exemplo de emigrante.

BK dijo...

Moi similar á vida de moitos galegos que partían ás Américas cheos de ilusións.........

Chousa da Alcandra dijo...

Eu xa me emocionei coa letra de Antón, pero sigoo facendo.
Sabes? Cando leo sobre a emigración (coas connotacións que para min ten), non penso nos que marchaban. Invariablemente penso nos que quedaban. Por iso esa frase de "Chorou o teu pai" faime poñer un nó na gorxa.

Bicos

d´Agolada dijo...

Moi bonita a poesía, é incrible as boas obras que escribían dende as américas os inmigrantes galegos. Saúdos

Cuspedepita dijo...

Hoxe fai 100 anos que naceu Juan Antonio Rey Vara, na súa aldea de Muros, e o seu neto, Antonio, quixo facerlle esta homenaxe.

Como di Paideleo, é un bo exemplo de emigrante, como foi un bo exemplo de persoa, e un bo exemplo de galego, porque soubo transmitir aos seus descendentes o orgullo de selo, de ser quen son, e de vir de onde veñen. Transmitir a esencia dunha cultura que pervive na familia Rey desde fai un século, físicamente lonxe de Galicia, moi preto dela co corazón.

Anónimo dijo...

O que ainda pareceme terrible, é que cen anos despois a ferida non cicatrizou.....
O peor da emigracion foi para os que quedaron aqui...Tantos e tantos que perderon para sempre, fillos, pais, familias, referencias, raices....que se eu.
A emigracion a America ten unhs connotacions ben diferentes da que anos despois saleu cara a Europa.
Aqueles indianos, sempre recordaron, choraron e añoraron o seu terruño, en tanto este, volvian falando maravillas das cousa de europa, como novos ricos, xa que por ala, ao parcer se atapan os cas con longanizas......
Todo o de por ala era mellor...
Fai tempo lein, unha trilogia, ...literariamente non é moi boa, pero a historia si, ...enganña, e penso que axustase bastante a realdiade, chamase: Los años oscuros, de Jordi Sierra i Fabra-(curiosamente un catalan).

Anónimo dijo...

....imaginariamente me hubiese gustado tenerte un ratito aquí entre nosotros donde tu hijo, nietos y bisnietos pudiéramos demostrarte lo tan presente que estás y lo orgullosos que estamos de ser tus descendientes....y seguramente para tus 200 años te seguirán honrando los que aún no han llegado.Te extaño!!!!!

Raposo dijo...

A historia de Juan Antonio é a de tantos galegos que tiveron que emigrar a América buscando unha vida mellor.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Es un bello texto. Y una magníficas fotos.

Unknown dijo...

Un recordo á emigración. E a lembranza desa outra Galiza que levamos no corazón exterior

Paz Zeltia dijo...

É moi tierniño ver como un neto criado tan lonxe de Galicia, leva ó avó e a terra no corazón.Todos quixeramos ser recordados con cariño e admiración ¿non si?100 anos non é nada para a terra, pero e moitísimo na vida dun home. El viviu 80 polo que vín, xa hay 20 que morreu e por ahí algo ándase a mover,
cara alá, a argentina
e cara aquí ¿non si?
pareceme maravilloso.

Anónimo dijo...

Moitas grazas a todos os que deixaron as súas verbas.

É moi fermoso compartir cos demáis os sentimentos que viven no noso corazón.

Unha aperta dende Bos Aires.

Antonio José Francisco Rey.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Ahora he podido comprender de verdad este texto.
Dejemos enlazadas estas dos entradas:
http://laacequia.blogspot.com/2008/10/herencia-y-literatura.html

Merche Pallarés dijo...

He venido a esta entrada desde el blog de PEDRO OJEDA ESCUDERO y me ha emocionado el poema y los comentarios. He sido hija de emigrantes y sé lo que se siente, la saudade, el mal de país es de los dolores más fuertes que una persona pueda sentir. La tierra ata mucho. Preciosas las fotos. Besotes, M.

Druid dijo...

Pois ata aqui cheguei.

Cando nestas alturas da vida, vexo a moitos falar mal dos que agora retornan, ou dos que ven de sitios lonxanos a buscar unha oportunidade aqui, no "primeiro mundo", o que se me ven a cabeza e xente como teu avo... e a debeda enorme que temos para con eles.

Apertas.

Antón de Muros dijo...

PEDRO: muchas gracias. Me alegro que hayas interpretado mejor esta entrada a la luz del libro.
Un abrazo.

MERCHE: me alegra muchísimo que te haya gustado el escrito.
Gracias por haber dejado tu comentario.
Un beso para ti.

DRUID: benvido a Cuspe!
Grazas pola túa visita e polo teu comenario.
Unha aperta.

Antón.

Gelu dijo...

Buenas tardes, Antón de Muros:

Precioso poema. Enhorabuena. Sabía de tus buenos sentimientos que se desprenden de tu blog, pero no imaginaba que fueras tan poeta.

Hoy para mí, el llegar hasta aquí, ha sido 'un acontecimiento'

Abrazos.

P.D.: Me dejaba lo más importante, ¿Cómo puedo conseguir el libro 'SON GALEGO'?.

Saludos a Cuspedepita.