lunes, 21 de julio de 2008

PECHADO POR VACACIÓNS

Xa teño as maletas preparadas, xa durmo mal pensando na viaxe, xa me imaxino a chegada a Bs As, as apertas aos meus curmáns e aos meus amigos, a ledicia de coñecer a xente que leva anos compartindo a vida comigo a través da pantalla do ordenador ou do fío telefónico, o mate compartido co meu curmán Ales, igual que en Galicia :-), o asado de Antón, o paseo por Agronomía, a herba infinda da Pampa, a cariña de Antía, recén nacida, La Plata, Mar del Plata, Bahía Blanca, o agarimo de Maria Juana corenta e cinco anos despois da última aperta, a tertulia con Fíos Invisibles no Tortoni, as xuntanzas coa xente de Fillos de Galicia en Bos Aires...

En fin, que xa non estou aquí, a miña cachola está xa subida ao avión cruzando o Atlántico.

Así que, amigos, lémonos dentro de vinte días, á volta :-))


Mentres, deixovos esta canción "Entre la tierra y el cielo" de Nocheros, que me gusta moito:




Apertas e bicos para todos.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi boa viaxe!

Aquí estaremos agardando aos tres.

Unha aperta.

Antón.

BK dijo...

Que o pases ben e que veñas cargada de emotivos encontros e experiencias inolvidables.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

¡Pásalo bien! Buen viaje. Trae las maletas llenas de buenos recuerdos.

Chousa da Alcandra dijo...

No medio de tanta intensidade, lémbrate deixar un saúdo meu por esoutro anaco de Galiza.
Un bico transatlántico

Anónimo dijo...

Como xa che desexei boa viaxe e xa me quedo coa promesa das fotos (e teño moi boa memoria para esas cousas) non hai moito máis que dicir. Ficamos agardando... Un bico.

Paz Zeltia dijo...

Cuspe de pita: PECHADO POR VACACIÓNS

Estou rodeada! duas amigas miñas tamén marchan o 8 para alá!, levas moitos proxectos, seguro que por moito que soñes a realidade vai ser superior a fantasía...
Espero post con fotos e emocións... aaaaai filliña, eche o que ten!
que teñas boa viaxe e moi proveitosa!
Firmado:
unha morta de envexa

Anónimo dijo...

boa viaxe.
ogallá regreses coa maleta chea de historias.
saúdos.

LM dijo...

boa viagem!!!!beijos e até a volta.

Raposo dijo...

Que desfrute moito desa viaxe!
Apertas.

insomniorizar dijo...

Ola!
pois eu non ía ser menos!
boisima viaxe que de seguro a ser así.

ah, e estou co manuel , ven carjadiña de historias para contarnos1
esperamoste!

Paz Zeltia dijo...

Foi moi bonito atopar os teus saudos dende tan lonxe! Bicos dende este lado do oceano!

:)

LM dijo...

brigadissimos pelos teus comentarios desde o outro lado das águas!!!!
m&l tá enfrascado agora montando um armário e grita pedindo que te diga que tá mesmo mui interesado nessas receitas. beijos enormes cheos de morrinha

Chousa da Alcandra dijo...

Estou seguro de que pasas uns días macanudos na Galiza do outro lado do mar. Graciñas por lembrarte e poñer o teu pensamento en nos. Un chucho!

[Fai nesta hora uns cantos anos que unha muller de Antas de Ulla, retornada de Venezuela un mes antes, deu a luz un raparigo que pesou 5 Kilos!!!!!]

tertulias para perogrullos dijo...

Pois agardo que o pases moi ben, por certo, pensamos no mesmo título para a entrada no blog jajaja. Saúdos, por certo son David de dagolada no meu novo blog.

busto.agolada dijo...

Feliz estancia nesa terra que é unha pola da Galicia de alén mar, como dicía Celso Emilio, e onde se viviu tan intensamente a cultura galega durante a primeira metade do século XX.
Eu teño parentes que non coñezo nesa terra. Dálles saúdos, que queden nese aire de inverno austral.
Unha aperta,Marisa.