Para Maria Juana Magadán, e todos os que saimos de Vilaframil algún día...
A COROA
A Coroa
érguese contra o ceo
no contraluz da tardiña
e pinta de verde,
sobre vermello,
a paisaxe do val.
A Coroa...lúa chea
que baila nas sombras
da Chaila dos Lobos
unha danza ancestral.
Alma inqueda do piñeiral,
morada de mouros
en antigas covas.
Vento que aúla
entre os castiñeiros
de Gaiol e Fargaoso.
Xabaril que foza
nas leiras do estivo,
cortín de cen colmeas,
ouro soterrado,
campá de lenda.
Séculos de pedra
gardan, coas súas murallas,
o sol no teu cume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario