Hai días, coma hoxe, que fago cousas coa mellor das intencións, pero impulsivamente, que despois fanme sentir absolutamente idiota.
¡Por Deus! ¿Cando espabilarei ?
Se puidera volver atrás ...
DAR VOLTA
Como dar volta
e desandar os camiños errados
para atopar a vereda
que debín tomar ?
Como desxear esta tristura
que me abafa os días
e me paraliza o cerebro
o corazón e as mans?
6 comentarios:
Xa, xa...
Cando atopes ese moviola tan caralluda avísame. Eu quero tamén.
Chuchiños
ás veces pechamos os ollos pero o noso día continúa esperto velándonos na noite e soprendéndonos na mañá con eses ollos de día canso.
Ola, é a primeira vez que paso polo teu blog e gustoume o teu xeito.
Saúdos dende Santiso.
Vanessa.
A pregunta de como dar volta e volver atrás facémonola todos, uns maís ca outros, eu atópome nos maís desgraciadamente. O Bo é que ó final case sempre se resolve todo. saúdos e descansa, virache ben.
coñezo esa sensación. que, por certo, describes moi ben con ese acertado poema.
e, non sei cando aprenderás tí, pero eu sigo, será que non me empeño a fondo...
Se a atopo ten por seguro que a compartirei, Chousa :-))
Manel, pola mañá aínda estaba alí, pero algo máis manso :-) E ás veces non é que teña tan mala cara é que durmimos pouco e sérvenos de espello :-))
Vanessa, xa che deixei saúdos na túa lareira. Gracias pola visita! :-))
D´Agolada, gracias polo consello, seguino ao pé da letra...
Zeltia, por máis que nos empeñenos...dame a min que non será nada.
Saúdos a todos vos e aos que len isto, anque non fagan comentarios.
Publicar un comentario