Hoxe, cando estaba durmindo, espertei, pareceume raro que non me chamaran meus pais, fun ao cuarto deles e berreilles:
-Oi, papás, ¿e non vos esqueceriades de espertarme para ir á escola?
A mamá mirou o reloxo e díxome :
- Volve á cama, Marquiños, que son as catro da mañá...
¡ESPERTEI DE NOITE, PROFE !
2 comentarios:
ay, ¿e tería eu un tempo no que espertar de noite era un milagro coma para Marquiños?
Aínda que agora durmo ben, teño tido noites eternas, e noites nas que espertaba a cotío con soños de serpes que me envolvían as pernas, e pedras que me oprimían o peito... ainda que boto de menos eses outros espertares a medias, cunha metade da conciencia nun sono e a outra metade nas sensacións que unhas mans de home facían nacer na miña pel...
A min pasoume algo así coma a Marquiños, só que eu en vez de ir despertar a meus pais, vestinme, almorcei coma sempre e tirei para a estación de autobuses (dende alí ia ó instituto) e cando cheguei alí, vin que o autobús non estaba e claro pensei se o perdera e entón mirei o reloxo e vin que aínda faltaba unha hora. jeje. Todos temos algunha experiencia deste tipo. Saúdos.
Publicar un comentario