lunes, 7 de julio de 2008

Festa da discapacidade no Carballiño






Onte, domingo, asistín a unha das festas máis animadas que vivín nos últimos anos: A festa das familias de persoas con discapacidade intelectual no Carballiño que celebraba o seu duodécimo aniversario, anque eu era a primeira vez que asistía a ela.
Organizada por Fademga-Feaps (Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia)e Special Olimpics, celebrouse no parque da vila ourensá do Carballiño coa presencia de 1600 participantes que nos achegamos desde os catro puntos cardinais de Galicia.


Alí, despois dos dircursos das autoridades locais e autonómicas, e dos representantes de Fademga e Special Olimpics, da misa co acompañamento da Coral do Carballiño, demos boa conta dun xantar de confraternidade no que non faltou o pulpo e a carne ao caldeiro, seguidos do baile amenizado pola orquestra Costa Azul, e pola entrega dunha medalla de honra a María del mar Insua Álvarez, polos seus méritos deportivos ao longo de 30 anos.

Aparte da multitudinaria resposta a esta convocatoria anual, chamáronme a atención dúas cousas: A ledicia reinante todo o día (e senón pregúntenlles aos da orquesta se tiveron algunha vez público máis entregado )e a excelente organización do evento.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non tiña ni idea da existencia destas xuntanzas.....
E increible, como cando tes coñecemento sobre algo, e profundizas, atopas que cantidad de xente, ten os mesmos problemas ca ti, que pensabas estabas so....
Que vida tan ruin, miserable e jodida, e nembargantes, tan fermosa.... Non me canso de descubrir algo novo cada dia a pesarem de non ter xa a capacidade dun neno para o asombro....

Chousa da Alcandra dijo...

Dixéchelo moi ben Ángel. So hai que mirar un chisco na procura dunha estrela e...voilà: un Universo móstrase!

A Conxurada dijo...

Boa terra o Carballiño, non si?

Paz Zeltia dijo...

A discapacidade non a teñen para disfrutar polo que contas. E as ruas cheíñas de discapacitados que se cren a ostia.
Eche así o conto.
Ay que ben o pasaches!