viernes, 11 de julio de 2008

Morte dun amigo



O día 9 morreu en Arxentina un amigo: Manuel Gómez, máis coñecido polos internautas como Manolo da Pampa.

Como me escribiu María Rosa Iglesias, desde Bos Aires, “ non era inxeñeiro, non era astrónomo, non era escritor, non era bo mozo. Era un home bo, gustáballe a conversa, a boa mesa, estar con amigos, amaba Galicia, ¿fai falla algo máis para ser lembrado e sentida a súa ausencia ?”

Manolo era fillo, antes que nada, de emigrantes de Baleira, das aldeas de Estornín e Cubilledo, fillo, despois, de “almaceneros” de Avellaneda, onde pasou a súa infancia e a súa xuventude.
Vivíu o resto da súa vida en Castex, unha pequena vila preto de Santa Rosa, na Pampa.
Estaba xubilado fai pouco e soñaba volver unha vez máis ás súas aldeas de Baleira coa súa benquerida Nelly, compañeira de toda a vida.

Manolo, como tantos outros emigrantes, perdera a pista da súa familia en Galicia, pero empeñouse en atopala, fai anos, cando aínda non había as facilidades que agora nos ofrece internet.
Mandou cartas e fixo chamadas ata que deu con alguén que se ofreceu a preguntar e tirando do fio reconstruiu a historia da súa familia.

Fai algúns anos, veu nunha viaxe organizada que debía levalo por Europa desde Madrid.

Cando chegou a estación para tomar o autobús na capital para a xira europea, disque viu ao seu carón o autobús que viña para Lugo e sen pensalo mercou un billete e deixou marchar o outro autocar, abandonando a viaxe por Europa.

Contábame que polo camiño o que máis lle chamou a atención era o verde que estaba todo, as mulleres vestidas de negro de pés a cabeza e “esas casiñas pequenas que había a carón das casas” e que logo soubo que eran os hórreos.
Unha vez en Lugo no autobús cara o Cádavo e despois cara Burela, onde fora parar parte de familia, sorría abraiado escoitando aos nenos falar aquel galego que lle resultaba tan familiar.

Lembraba que súa nai preparaba “esa sopa de carne salgada, verdura e patacas” e tamén cachelos con sardiñas ou pulpo para os domingos. Medio barrio(todos galegos) xantaba alí con eles ese día.

Na súa casa de Castex, Manolo fixo chourizos “colorados” e un ano tamén algún butelo coma os da Fonsagrada, coa receita que lle mandei.

Axudou a moitos descendentes de emigrantes a atopar o fío que os conduciría á familia , así foi como o coñecín eu, axudando ambos á mesma persoa, el desde alá indicandolle en que lugares buscar información, os trámites que precisaba para recuperar a nacionalidade española, eu desde aquí buscandolle as partidas de nacemento, e desa axuda naceu unha amizade que se prolongou por anos en correos e chamadas, porque nunca nos vimos. Íamos vernos agora, dentro dun días, pero a morte non quixo agardar un pouquiño máis...

Manolo ten amigos en todo o mundo, a todos os lugares onde había un galego, chegaba a amizade de Manolo, xente que hoxe ten o corazón encollido coma min.

Un deles, Manuel López Faraldo, desde Montevideo, di que “hai homes aos que non se pode chorar cando morren, hai que imitalos, e Manolo era un deles, dos que espallan entre nós a semente da irmandade galega” así que deixo de chorar e desde aquí fágolle esta humilde homenaxe a Manolo da Pampa.

19 comentarios:

LM dijo...

quando morre um amigo muito de nós vai com ele mas ninguem desaparece até que nos esquecemos dele

d´Agolada dijo...

Sintoo moito, a morte dun amigo sempre é moi dura. Bicos

Mararía dijo...

Polo menos, os amigos sempre o recordaredes!

Mario Vidal dijo...

Gracias! Marisa por tan emotivas palabras en recuerdo a nuestro muy querido Manolo de la pampa. Se nos ha marchado una muy buena persona, un excelente amigo, un gallego de ley. Te mando un abrazo y espero verte pronto en mi ciudad de La Plata. Mario Vidal

V dijo...

Cando alguén querido morre, non hai palabras.

Chousa da Alcandra dijo...

Supón tristura, non hai duda. Pero -evocando as palabras de López Faraldo- en momentos así hai que lembrar que os seres pasan, pero as obras quedan...

Un bico e unha aperta

Paz Zeltia dijo...

Quedei moi emocionada o terminar de ler...
Sentir falar de xente coma o teu amigo, pero nunca tiven o pracer de coñecer a alguén coma él, como che pasou a tí ainda que non poidese ser persoalmente por pouquiño.
Mándoche unha aperta polo sentida que estarás.

Anónimo dijo...

Dicir que Manolo era boa xente é quedarse curto.
Dicir que a súa familia so era a de sangue é quedarse curto.
Os que tivemos a honra de coñecelo de un xeito ou de outro só podemos dicir: ata sempre irmán.
Daniel Tomé.

Suso Lista dijo...

Sintoo. Moitos bicos pra todos cantos o quixechedes.

paideleo dijo...

Sempre é amargo o momento da morte dunha boa persoa.
Eu non sabía nada del pero fixeches que sentise a súa perda.
Unha aperta.

vermella dijo...

Acabo de coñecer a Manuel gracias ao fermoso recordo que fás del,as persoas con maiísculas nunca son esquecidas.
volvereí e gracias pola túa visita.saúdos.

Raposo dijo...

Fermoso e sentido homenaxe, fas que todos nos sintamos un pouco mais preto del.

Raposo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Lúa dijo...

fermoso homenaxe, como hai persoas que parecen que esquecen, ai xente coma manolo que non vive sen saber de onde viu....bicos

asbeirasdoarnego dijo...

Sempre quedará no noso recordo.
Un Saludo

prometeo dijo...

...“hai homes aos que non se pode chorar cando morren, hai que imitalos”...

Deixasme cos sentimentos a punta de pel, coa alma encollida coa tua lembranza, co corazón triste coas tuas verbas. E non. Pódese dicir moitas cousas de moitas maneiras, pero cando o meu camiño toque o seu fin, oxalá alguén me lembrara da maneira que lembras ti.
Deixasme emocionado amiga. Un bico moi grande.

Anónimo dijo...

Marisa:
eu non o coñecin, pero aseguroche que ia estàr moi ledo, da tua semblanza......
PREcioso, fixome slatar as bagoas. Te sunha facilidade tremenda para que os que non coñecemos a alguen do que ti falas, sintamonos solidarios e moi pretos del..
Sinto moito que nos deixara, pero xa ves, mentras que alguen de nos teña os seus recordos, él ainda estarà vivo.....

d´Agolada dijo...

Xa que por aquí xa comentara, pásome simplemente de que estou a organizar un intercambio de entradas, igual che interesa. Bicos

Lúa dijo...

...como non podo dixarte comentario no post de arriba, pois deixoo eiqui, boísima viaxe, e pasádeo moi ben!!!