lunes, 18 de agosto de 2008

Arxentina 4

PUERTO MADERO



Despois de Caminito seguimos ata Puerto madero, a zona máis exclusiva da capital na actualidade, que en realidade foi o porto de Bos Aires a fines do século XIX, construido por Eduardo Madero coa idea de rematar cos problemas que a pouca profundidade do río provocaba para a descarga dos grandes barcos, que se vían obrigados a empregar barcazas e carretas, xa que non podían descargar directamente.
Puerto Madero foi un proxecto moderno para a súa época, pero só estivo operativo uns dez anos, xa que, axiña, o aumento do tamaño dos buques deixou obsoleto un porto con diques, exclusas e pontes xiratorias.



Ao longo de case un século Puerto Madero foi esquecido e convertiuse nunha das zonas máis degradadas da cidade de Bos Aires, totalmente abandonada, e anque foron moitos os proxectos para reciclalo, incluídos algúns para facelo desaparecer, ningún se levou a cabo, ata que no ano 1991 se deciciu facer un concurso nacional de ideas do que saiu a reconversión actual en zona turística, cunha chea de restaurantes e lugares para o lecer, que ocupan os antigos "docks" do porto, conservando a antiga estructura en diques (catro en total)

Na paisaxe actual destaca unha ponte branca, "El puente de la mujer" de Santiago Calatrava, construído no 2001, en plena crise.


Esta ponte está pensada para ser xiratoria e permitir así o paso dos barcos en menos de dous minutos.
E seica a súa esvelta figura representa a síntese dunha parella bailando tango :-))

Na zona de Puerto Madero rúas e prazas levan nomes de muller. Unha sabia decisión para unha cidade onde todas as rúas eran masculinas.

6 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

O do concurso nacional de ideas tamén se podía aplicar aquí para ver o que facemos cos políticos todos!!!!!

Pedro Ojeda Escudero dijo...

Veo que sigues aprovechando bien el viaje. Saludos.

insomniorizar dijo...

jejje, ai este chousa que retranqueira e que verdades se jasta!
jajaj

bueno, pois aquí ando eu, recén chegada dos meus escasos 1'0 dias de vacacións nubosos. Hoxe empezarei os poucos, miarei os blos veciños, un pequeniño cambio de imaxe no meu blo, e ala, xa a partir de mañá xa vos conto aljo. Jiji

Benvida, eche unha delicia, e como si eu tamén andivera pola arxentina, jiji.
Bicos!

tertulias para perogrullos dijo...

Pois si que semella ser todo moi bonito, eu en Belxica e Holanda tamén moi ben, todo precioso. Beijos

Druid dijo...

Bonita entrada. Bo resumen dunha zoa da que non coñecia a sua existencia.

O do concurso de ideas de Chousa creo que non saira adiante.... non creo que lles guste saber que fariamos con eles todos.

Apertas, e pasa polo bosque cando desexes.

Paz Zeltia dijo...

¿y mi comentario? yo dejé aquí algo acerca de Calatrava, de cómo me llamó la atención la estética de la estación de oriente en Lisboa, con su estructura a la vista y su aspecto futurista. También ví un puente suyo que hay en sevilla, pero ya no me llamó la atención.
respecto a puerto madero, está muuy bien lo del concurso de ideas; parece que en medio mundo se recurre a re-utilizar los espacios portuarios para zonas muy animadas de ocio.