miércoles, 20 de agosto de 2008

Arxentina 5

O XARDÍN XAPONÉS



Sen dúbida, un dos lugares de maior beleza que ten a cidade de Bos Aires é este recunchiño construído en 1967 no barrio de Palermo, en ocasión da visita dos príncipes xaponeses Akihito y Michiko e que administra a
Fundación Cultural Argentino Japonesa.




Anque aínda estamos en pleno inverno austral xa os prunos, os membrilleiros e outros arbustos están en plena floración.
Quedaría aquí para sempre, nesta paz de envolve e reconforta.



En cada volta hai un detalle fermoso, cada recuncho, por pequeno que sexa, ten o seu encanto.

O noso guía, Ales ;-),cóntanos que aquí celebra a comunidade xaponesa de Bs. As.as festas dos equinocios de primavera e outono, pero que as celebra seguindo o calendario do xapón, no hemisferio norte, así que celebran, por exemplo, o equinocio de outono o 22 de setembro, cando en Bos Aires comeza a primavera...



Nunha destas celebracións, a do ano novo, cada participante escribe un desexo nunha ponliña de bambú, e coas ponliñas dos desexos de todos fan unha pira, que colocan nunha especie de illa metálica que hai no medio do estanque cheo de carpas de colores que alimentan os nenos que visitan o xardín.



Prenden lume á pira e o fume leva os desexos de todos ata o ceo.
Unha tradición que me fai lembrar dalgún xeito as nosas noites de Xoán :-)

8 comentarios:

Unknown dijo...

HOLAAAA!!!!

HAS ELEJIDO LINDO LUGAR PARA PASEAR SABES?
NI TE IMAGINAS EN LA PRIMAVERA EL PERFUME DE LAS FLORES Y LOS ARBOLES QUE HAY,ASI QUE LA PROXIMA VISITA,HAZLA EN PRIMAVERA VALE?
BESOTES

LM dijo...

ummmm... levava uns dias fóra e foi um prazer ler os teus últimos posts todos de seguido... lindas as fotos e as historias. encantou-me o das boleadoras. beijos

paideleo dijo...

Estame gustando a viaxe por Arxentina levado da túa man.
A historia das boleadoras ou esta da fogueira non teñen prezo.

vermella dijo...

Vedadeiramente esta viaxe virtual é fantástica somente ten o problema de que me entran gañas de coñece-la arxentina e de certo que tereí que aforrar...
a cultura xaponesa en canto ritos e tradiccións e como a nosa conservadora das mesmas.
saúdos.

Anónimo dijo...

Nos tamen volvimos....
Xa dende este MArtes, estamos en Agolada, pero de momento non atopo gañas, nin sequera folgos para contar cousas, nin sequera facer nada...
Penso que estou nunha crese vital...xa veremos.

Pedro Ojeda Escudero dijo...

qué hermoso lugar para pasear meditando

Cuspedepita dijo...

LILY: Si pudiera iría en primavera, en verano, en otoño y en invierno ;-) pero si, algo más de calor, hojas y flores no estaría mal :-)

LM E PAIDELEO: Esas historias son as que dan significado aos lugares que visitamos ¿verdade?

VERMELLA: Alédame que che gusten as historias. Eu tamén vou aforrar para volver :-))
Visitei a casa dunha amiga arxentina de orixe xaponés que di que atopa moitas semellanzas entre as tradicións galegas e a xaponesas ;-)

ÁNGEL: xa che contestei na Torre :-)

PEDRO: Sí, es un lugar perfecto para eso :-))

Paz Zeltia dijo...

pois é coma estar cun pé en xapón
:D